
Este tipo de reloxos foran unha importante aposta de Microsoft, que comezara polo Swatch Paparazzi (presentado nunha festa na que actuara Sting) e que chegou a contar con dispositivos de alta gama de ata 800 dólares, aínda que os últimos modelos xa tiñan uns prezos aceptables (en 2006 xa se vendían a 179 dólares cunha subscrición de 12 meses a MSN Direct, o que en condicións normais custaría 39 dólares/ano).
Agora o servizo MSN Direct xa non está orientado a reloxos, e apunta máis a navegadores GPS e terminais con Windows Mobile, polo que dirán adeus ao concepto dos reloxos intelixentes.
Swatch deixa de comercializar reloxos con acceso ao servizo MSN Direct
Compartir Este Artigo

