Ballmer durante unha conferencia en Louvain-la-Neuve, onde deu a entender que podería prorrogar a vida de Windows XPMicrosoft podería estar repensando se continuaría a vender o seu sistema operativo Windows XP despois do 30 de xuño segundo unha declaracións do seu presidente, Steve Ballmer, que hoxe declarou durante unha conferencia que «XP terá unha fin. Nós anunciamos unha. Se a demanda dos clientes cambia nos sempre podemos rectificar, pero polo de agora temos planificado deixar de servir XP». Enténdese así que o XP aínda podería ter unha prorroga. Nos últimos meses a meirande parte dos ordenadores novos se vendían con Windows Vista preinstalado, pero moitos usuarios continuaban a demandar o XP, especialmente «en contornos corporativos», coma recoñeceu Ballmer, pois nas redes corporativas conviven máquinas de distintas xeracións e dar un salto a un novo sistema operativo non é asumible.