
A conselleira definiu o novo espazo coma «un escaparate virtual actualizado, fiable e exhaustivo de estatísticas relacionadas co sector da investigación universitaria e contextualizada no sistema de innovación galego» que permite «facer un seguimento de todo o que ten que ver coa investigación no Sistema Universitario de Galicia, xa que a medida deste axente proporciona unha mellor comprensión do que sucede no conxunto da nosa I+D».
A nova páxina web foi desenvolvida coa participación das 3 universidades galegas, ACSUG, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e o Instituo de Xestión da Innovación e o Coñecemento de Valencia, e permite acceder a datos coma o gasto en I+D do sector do ensino superior respecto do PIB, que en Galicia era en 2006 do 0,35% e en España do 0,33%.
O Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia estrea páxina web
Compartir Este Artigo

