O vindeiro 30 de xuño a presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa María García, deixará este cargo para pasar a vicepresidir a división de Europa Occidental da compañía, nova estrutura organizativa de Microsoft que agrupará diferentes liñas de negocio en Europa (en España, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Holanda, Islandia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Suecia e Suíza) entre as que estarán as actuais divisións de Windows Consumer, Windows Mobile, Windows Live e MSN.
García levaba encabezando Microsoft en España e Portugal dende 2002 como conselleira delegada, sendo promocionada en 2006 ao cargo de presidenta da compañía en España. Tamén traballou durante varios anos na matriz da compañía en Redmond como directora de Proxectos Estratéxicos Corporativos e ocupou outros cargos de responsabilidade en Microsoft que foron impulsando a súa carreira ata a situación actual.
Rosa García será a vicepresidenta de Microsoft para Europa Occidental
Compartir Este Artigo

