
O chip APX 2500 integrará tanto o procesador principal coma o procesador gráfico procurando un consumo moi reducido (duns poucos centos de milivatios). Está a ser optimizado para o seu uso con Windows Mobile e incluso permitirá a reprodución de vídeo en alta definición (de 720 liñas en progresivo) durante 10 horas.
Para presentar esta capacidade gráfica, Michael Rayfield, director xeral da división de negocio móbil de nVIDIA, conectou un prototipo baseado no seu novo procesador a unha grande pantalla de alta definición acadando unha calidade comparable a calquera equipo doméstico, demostrando que o tamaño non é un atranco para unha elevadísima capacidade gráfica.
nVIDIA traballa nun procesador para dispostivos móbiles que soporta vídeo en alta definición
Compartir Este Artigo

