
Virtual Fisc é o novo servizo de Caixanova que permite xestionar os requirimentos fiscais coa Axencia Tributaria, realizando todos os cálculos e comprobacións necesarias para preparar, presentar e pagar os impostos de sociedades tanto para microempresas e PEME como de grandes empresas, pois se adapta a cada modelo oficial de presentación de impostos.

Pero Virtual Fisc só é un dos moitos servizos de Caixanova, pois os seus clientes tamén poden empregar o servizo financeiro Enova para enviar o resultado da súa declaración da renda (previamente elaborado co programa PADRE) sen necesidade de utilizar a sinatura dixital, pois o usuario xa está identificado na web, o que complementan con dos produtos específicos relativos á declaración, que serían a posibilidade de anticipar as devolucións do IRPF ou a o financiamento dos pagos a realizar.

