Adobe AIR permite levar aplicacións da web ao escritorio, de xeito que podemos empregar servizos da Internet en forma de aplicacións informáticas, incorporándose a esta tendencia o lector de fluxos RSS de Google a través de ReadAir.
ReadAir presenta unha aparencia baseada en Mac OS X, polo que resulta especialmente axeitado para o seu uso en Macs, pero tamén funciona en baixo Windows e Linux, permitindo acceder ás funcións básicas de Google Reader.
En vindeiras revisións desta aplicación procurarán que se poida axustar a súa aparencia a Windows XP e Vista, incorporar atallos de teclado e permitir a lectura de novas fóra de liña.
ReadAir leva Google Reader da web ao escritorio
Compartir Este Artigo

