O servizo de banca electrónica a través do móbil de Caixa Galicia, Activa Móbil, renóvase tras 2 anos para consolidar a súa posición «na vangarda absoluta» deste tipo de servizos a través da telefonía móbil segundo sinalou o director da Banca Virtual da Caixa, Marcelino Fernández Mallo.
As novas incorporacións ao servizo pretende atender ás demandas dos propios clientes de Caixa Galicia, entre as que destacamos as seguintes: – Acceso á conta de valores e posibilidade de efectuar compra-venda de accións – Menú con operacións favoritas (transferencias, traspasos, recarga de móbiles, Hal-Cash…) – Detalle de movementos de tarxetas – Navegación mellorada, máis rápida e sinxela, cun menor consumo de tráfico a través da Internet móbil.
Xa se pode descargar a versión 2 da aplicación Java de Activa Móbil, que é compatible cunha ampla gama de terminais de telefonía móbil, tralo que se pode acceder aos servizos de Caixa Activa dende calquera lugar. Activa Móbil é un servizo gratuíto para os usuarios de Caixa Activa, non cobrando polas transferencias ou envíos de cartos a un móbil (Hal-Cash) e, durante 2008, tampouco cobrará comisións polas compra-vendas de valores.

