Para promocionar a nova película baseada na serie Sexo en Nueva York, na Internet fixeron unha orixinal páxina web na que se recrea o que sería o escritorio do portátil MacBook Pro da protagonista, Carrie Bradshaw (interpretada por Sarah Jessica Parker), de xeito nun virtual Mac OS X podemos acceder ao trailer da película, fotografías, fondos de escritorio, protectores de pantalla e outros contidos presentados dun xeito moi orixinal.
Esta curiosa web sería coherente coa historia da serie televisiva (xa que a presenza do portátil de Apple é moi recorrente, e mesmo chega a centrar un episodio no que se lle avaría a placa base e renova o seu equipo) e aproveitaría a condición de maqueira de Carrie para conseguir máis atención na web.
Sexo en Nueva York promociónase a través dun micrositio maqueiro
Compartir Este Artigo

