Os ordenadores ultraportátiles de baixo custo non paran de chegar ao mercado, pero aínda que na meirande parte de trate de ordenadores pensados coma segundo equipo (con maior mobilidade) a italiana Olidata decidiu orientar o seu equipo desta categoría aos cativos.
O Olidata JumPC ten un procesador Intel Celeron a 900 MHz, unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 512 Mb de RAM, unha memoria Flash de 2 GB, webcam, lector de tarxetas SD/MMC, Wi-Fi, Ethernet, 2 portos USB e Windows XP Home preinstalado a un prezo de só 299 euros, polo que resulta bastante completo e barato, aínda que o máis destacable é que resulta robusto, soportando tanto caídas coma o derrame accidental de líquidos.
O JumPC tamén trae instalada a interface de usuario Magic Desktop, que inclúe unha serie de aplicacións e xogos pensados para os máis pequenos (aínda que se pode prescindir desta interface para usar a aparencia normal de XP).
Presentación (en italiano) deste portátil para nenos
Olidata estrea un ultraportátil para cativos
Compartir Este Artigo

