Agardábase que para a WWDC que terá lugar a primeiros do mes que vén Apple presentase a nova versión do seu Leopard, pero sorprendentemente xa está aquí, e a actualización para o Mac OS X 10.5.3 xa está dispoñible para a súa descarga nun paquete de 198 ou 420 Mbytes (segundo o equipo dende a que se descargue) que mellora a estabilidade, compatibilidade e seguridade dos Mac.
A nova actualización está recomendada para calquera usuario de Leopard, pois resolve moitos problemas de estabilidade detectados en certos programas, mellora a reprodución de vídeo e audio dende certos dispositivos USB, soluciona o problema da non aparición de certos discos duros no Finder, mellora a precisión da barra de progreso da aplicación de actualización de programas e moitos, soluciona o problema de cancelación de eco nalgúns portátiles mentres se usa o iChat, integra Google Sync, mellora o comportamento con redes sen fíos e moitos outros cambios que indicarían que esta actualización serve principalmente como solución a fallos detectados, de aí que non agarden ao encontro de desenvolvedores para presentala.
O Mac OS X actualízase á versión 10.5.3
Compartir Este Artigo
