
Esta nova aplicación está hospedada en servidores de Amazon (o que garante a súa dispoñibilidade) e sorprende ver o semellante que é a súa interface con Windows. G.ho.st. integra lector de RSS, reprodutor de MP3, explorador de arquivos, procesador de textos e outras aplicacións que funcionarán sen que teñamos que instalar nada no noso equipo, e que se complementará con almacenamento de disco de balde.
O modelo de negocio deste sistema operativo virtual non estaría no cobro aos usuarios finais por servizos adicionais, senón que serían provedores de servizos que se queiran incorporarse ao escritorio web os que financiarán esta plataforma.
Para facernos unha mellor idea das posibilidades de G.ho.st. podemos ver un vídeo no que se resume a súa presentación no D6:
Presentan no D6 un novo sistema operativo web
Compartir Este Artigo
