
Operar con esta cámara é doado, empregándose para boa parte das operacións a súa pantalla táctil de 3 polgadas mediante 3 movementos sinxelos do dedo (pulsado rápido, pulsado longo e círculo) que serven para levar a cabo as funcións máis avanzadas da cámara.
Tamén ten detección de caras e sorrisos, conta con varios modos de disparo automático, permite disparar 12 fotografías nun segundo, grava vídeo en MPEG-4 en 16:9 a dúas resolucións (640 x 480 píxeles a 15 fotogramas por segundo e 320 x 240 píxeles a 30 fotogramas por segundo).
As imaxes e vídeos pódense gardar en tarxetas SD de ata 8 Gb e SDHC de ata 16 Gb. As dimensións da cámara son 91 x 59 x 16,9-14,9 milímetros e pesa 120 gramos sen batería.
A BenQ T850 anúnciase como a cámara dixital de 8 Mpíxeles máis delgada do mundo
Compartir Este Artigo

