O informe de IDC que aseguraba que en 2009 a PlayStation 3 de Sony ía a superar sobradamente á Xbox 360 de Microsoft, consola que se estancaría en vendas, parece ser moi esaxerado, e non corresponderse ao que se está a vivir en Europa, onde a consola de Microsoft está a ter un grande éxito en vendas grazas ao xogo Grand Theft Auto IV, polo que podemos asegurar que predicir os resultados das distintas plataformas sen atender aos títulos que se lancen para as mesmas é un grande erro.
Os datos de Reino Unido sitúa á Xbox 360 un 18% por diante da PlayStation 3, cando supostamente a PS3 estaba a ter uns moi bos resultados en Europa (moito mellores que en EE.UU.), pero a carambola que fixo Microsoft ao converter á súa consola na máis barata da nova xeración, a que ten o maior catálogo de xogos e unha das dúas nas que se pode xogar ao GTA IV está a cambiar as previsións a medio prazo, e incluso podería sorprender que o 57% das vendas do xogo de Take Two corresponden á versión de Xbox 360 (que, para máis inri, permite acceder a contidos adicionais que non ten a versión de PS3).
A Xbox 360 continúa a ter mellores vendas que a PS3
Compartir Este Artigo
