
Curiosamente a poucas horas da publicación do Firefox 3 RC 3 a Fundación Mozilla anunciou que a versión definitiva do Firefox 3 chegará o vindeiro martes, 17 de xuño, completando así un traballo de 34 meses ao que contribuíron milleiros de persoas e que pretende estrearse superando o anterior record de descargas dunha aplicación informática en 24 horas, no que chaman o Download Day.
Confírmase así que a última versión candidata do Firefox 3 é o suficientemente estable como para confirmar o novo navegador, que mellora de xeito moi importante a súa interface, cunha presentación máis agradable e melloras na xestión do historial e os favoritos, aínda que o que máis agradecerán os usuarios é unha mellor xestión de memoria, polo que o Firefox 3 funciona mellor e máis rápido que entregas anteriores.
O Firefox 3 sairá oficialmente o vindeiro martes
Compartir Este Artigo

