Origami Experience 2.0 optimiza o xeito de usar os UMPC baseados en VistaOs ordenadores ultraportátiles (UMPC) que funcionan con Windows Vista poden empregar agora o Origami Experience 2.0, unha solución de balde que pretende facer máis doada a navegación e o uso diario deste tipo de equipos. A instalación da segunda versión de Origami Experience precisa de 100 Mb de disco duro libre, un mínimo de 1 Gb de RAM, pantalla táctil, Internet Explorer 7 (para acceder a fluxos RSS), Windows Media Player 11 (para a xestión e reprodución multimedia) e Outlook 2007 (para a xestión de calendario e correo electrónico). A navegación web con Origami tamén é máis doada, e aproveita mellor a pequena pantalla dos UMPCAo instalar esta aplicación optimízase o xeito de empregar o navegador web, aproveitando ao máximo as pequenas pantallas dos UMPC, e incluso os usos multimedia son máis doados, polo que os usuarios recibirán con agrado esta plataforma para os ultraportátiles baseados en Vista.