
O terminal ten un receptor GPS incorporado, e tamén soporta SMS, o que permitiría remitir as coordenadas de posición en caso de emerxencia. A autonomía deste teléfono é de 2,4 horas en conversa e 40 en espera, e o seu prezo é de 800 dólares.
O mesmo fabricante tamén ten un modelo superior, Thuraya SG-2520, que tamén inclúe conectividade GSM, de xeito que podería utilizar a rede de telefonía móbil convencional onde houbese cobertura (con conseguinte aforro en chamadas), así como cámara de 1,3 Mpíxeles, Bluetooth, USB e lector de tarxetas SD, aínda que o seu prezo é bastante superior (1.300 dólares). A súa autonomía é de 4 horas en conversa e 75 en espera.
Polo momento só se comercializan en Asia, pero son un interesante avance nesta tecnoloxía.
Thuraya lanza o teléfono por satélite máis pequeno do mundo
Compartir Este Artigo

