O Concello de Castrelo de Miño e máis a Rede Rede de Dinamización da Sociedade da Información veñen de anunciar a resolución dun concurso encamiñado a favorecer o uso das novas tecnoloxías entre as nenas e nenos mediante actividades colectivas de lecer. O certame, que tamén foi dirixido ao contrario (ou sexa: a contribuír a que as rapazas e os rapaces se expresen e se comuniquen coa escusa das canles dixitais), veu proposto coma un xogo, e así se deduce do título: Navega polos ríos dixitais coa anguía de Castrelo de Miño.
Asemade, a idea dos responsables do concurso foi a de traballar na normalización tecnolóxica alén dos límites da Aula da Rede de Dinamización da localidade, achegando logo a cada fogar de Castrelo de Miño un mestre en novas tecnoloxías (o propio neno ou nena dando conta da súa aprendizaxe perante nais, pais, avoas ou avós.
Na imaxe, o debuxo que se fixo co primeiro premio, feito pola nena Sara González Senra. Os finalistas foron Joaquín Álvarez e Candela Justo.
Os participantes na iniciativa (Gabriel, Adriana, Lucas, Ismael, Cristian, Candela, Sara, Joaquín, Ruth e Aaron) recibiron como agasallo diverso material tecnolóxico de lecer (portátiles, reprodutores dixitais de música, memorias USB, etc). Por certo que se poden ver os debuxos cos que concursaron na Aula de Dinamización do concello.
Nenas e nenos de Castrelo de Miño entraron na era dixital a través dun concurso de debuxo
Compartir Este Artigo

