Despois de 12 anos afastada dos quioscos, a cabeceira de prensa Diario Ya rexurde nunha edición dixital que xa está en probas e se estreará este martes, aínda que sen relación directa coa antiga propiedade, segundo explicou Rafael Nieto, un dos impulsores deste proxecto xunto con Juan Manuel Pozuelo. Nieto tamén engadiu que o lanzamento oficial «non será ata despois do verán» xa que pretenden utilizar os vindeiros meses para perfeccionar o produto.
O novo medio dixital procurará seguir a liña editorial da cabeceira tradicional (que definen coma humanismo cristián) e agarda contar con sinaturas recoñecidas do espectro conservador, como Juan Manuel de Prada, César Alonso de los Ríos, Alejo Vidal Quadras ou José María Álvarez del Manzano.
O Diario Ya rexurde en formato dixital
Compartir Este Artigo
