
O Eee Monitor segue así unha filosofía á do popular iMac de Apple, pero apostando polo baixo custo, agardándose que o seu prezo sexa duns 500 dólares, aínda que o seu rendemento sexa bastante reducido (pero máis que suficiente para labores ofimáticas ou navegar pola web).
O equipo poderase adquirir en branco ou negro, inclúe na súa parte inferior altofalantes Denon, presenta no seu lateral esquerdo 2 portos USB e un lector de tarxetas de memoria, e na súa parte traseira ten unha ampla gama de conectores: 4 portos USB 2.0, modem, Ethernet, entrada para micrófono, saída para altofalantes e saída de liña.
Unha opción que sen dúbida resultará de grande interese para oficinas e moitos outros contornos nos que o alto rendemento dos equipos informáticos non é unha esixencia, mentres que o espazo é unha limitación e tamén pretende coidar a estética dos escritorios.
Eee Monitor: o novo todo-en-un de Asustek
Compartir Este Artigo

