Os usuarios con terminais con Windows Mobile xa poden probar a nova beta de Opera Mobile 9.5, un navegador que se pode empregar de balde e que posiblemente se trate dunha das mellores aplicacións para consultar a web dende o móbil, por facer esta operación rápida e sinxela, permitindo minimizar o uso da pluma nas pantallas táctiles dos terminais.
O Opera Mobile 9.5 inclúe zoom mediante dobre pulsación (coma no iPhone), funcionamento en modo vertical e horizontal, pestanas, completado automático de enderezos web, gardado de páxinas web e imaxes, barra de buscas en Google e moitas outras cousas, ás que en próximas versións se incluirá soporte de Google Gears e mesmo compatibilidade con vídeo en Flash.
Dispoñible unha nova versión de proba do Opera Mobile 9.5
Compartir Este Artigo

