Xa se vende nas tendas un novo reprodutor multimedia que sorprende polo seu nome, Zipy Golfinho, e a súa principal característica é que conta con conectividade Bluetooth, o que lle permite funcionar en modo mans libres co noso móbil (de xeito que podemos contestar chamadas cando estamos a escoitar música sen ter que cambiar de auriculares) e intercambiar arquivos (cun PC ou con outro dispositivo Bluetooth).
O Zipy Golfinho ten unha pantalla de 2 polgadas, 2 Gb de almacenamento interno, sintonizador de radio FM, gravadora de voz, altofalante incorporado, unha autonomía de ata 8 horas para música e de 4 horas para vídeo e un amplo soporte de ficheiros multimedia (MP3, WMA, WAV, OGG Vorbis, VI, MPEG-4, JPEG, BMP e GIF).
O seu prezo de venda é de 69,90 euros, aínda que hai establecementos que o venden a 65 euros.
Zipy Golfinho, o reprodutor multimedia que pode funcionar coma mans libres do móbil
Compartir Este Artigo

