Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha nova tentativa de fraude polo móbil afectou a centos de usuarios en xullo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha nova tentativa de fraude polo móbil afectou a centos de usuarios en xullo

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/08/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

calote_905.jpgAs tentativas de fraude, xa de por si graves, adquiren unha feitura especialmente baixa cando non veñen revestidas de estafa e tratan de aproveitarse daquilo que en boa medida nos fai máis humanos: a necesidade de comunicarnos. Se a isto lle engadimos o feito de que a tentativa en cuestión veña polo teléfono móbil, un aparello que para moita xente pouco experimentada coas novas tecnoloxías non pode mentir nunca, entón a faena é triplemente miserable. Isto é o que acontece nos últimos tempos con todas esas mensaxes lixo que nos convidan (supostamente) a coñecer a alguén importante para a nosa vida, acontecendo logo que nin existe esa persoa ou, de existir, é só a que nun principio quería quedarse cos nosos cartos, conseguíndoo en moitos casos.
O caso é que estes días estase a rexistrar un intento de calote que, por estar máis pulido que outros previos (eran coma lobos aos que, de ollalos en fite, xa lles vías as orellas), constitúe unha certa ameaza, malia a cifra relativamente baixa que se nos rouba: 2,2 euros. O truco? Segundo se explica estes días en El País e segundo contan os centos de afectados ao longo do mes de xullo, reside basicamente en que non chama atención e é sinxelo.
De feito, na súa sinxeleza reside a súa verosimilitude. Ou sexa: que a diferenza desas outras mensaxes nas que se nos converte en obxecto dos desexos fóra de control de alguén, neste caso só se nos convida a chamar a un número para escoitar a mensaxe de voz doutro usuario que, pensamos, pode ser un amigo ou amiga, presente ou futuro/a. Máis polo miúdo, este é o texto en cuestión, en castelán: “Tienes un mensaje de voz, una persona quiere contactar contigo y te ha dejado un mensaje de voz, para escucharlo llama ahora al 905545002”. Unha vez que se chama, respondénos unha voz feminina que asegura representar ao servizo de buzón de voz de Jorge Augusto Muñiz, achegando feitura de “cousa respectable”, sendo como é obrigatorio nestes casos subministrar a identidade. Logo, a tentativa apóiase no mesmo: en levarnos dunha voz a outra e en facer que marquemos outro número para que deixemos os nosos cartos no camiño. Con todo, malia que a cifra que se deixa ao final do proceso non é alta, fáísenos perder tempo, paciencia e, sobre todo, confianza nas canles e recursos das novas tecnoloxías. Máis que nada se temos en conta que a maior parte do que se paga nunha estafa como esta vai dar á empresa que comercializa o presunto servizo de voz (o resto vai á firma que nos subministra servizos de móbil). Os autores do calote, como era de agardar, tiran partido de certos baleiros legais no que se refire ao control dos números de tarificación adicional (803, 806 e 807). Neste paquete de prefixos sospeitosos non se incluíu o 905, converténdose agora na vía principal pola que chegan estas tentativas de fraude.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?