Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desenvolven un sistema para capturar o movemento humano en 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Desenvolven un sistema para capturar o movemento humano en 3D

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/08/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

movemento3d.jpgO máis semellante que existe á realidade é en certa medida a realidade virtual. Case se podería dicir que están condenadas a atoparse e que vai unha cara a outra (achegándose de xeito irremediable, probablemente sen chegar a tocarse nunca) coa axuda da ciencia e, tamén, do noso maxín. No camiño de tirar partido directo da realidade para que esa distancia entre un mundo e outro sexa menor é onde se está a sitúa o equipo de Investigadores da Universidade Politécnica de Catalunya (UPC) e da Universidade de Lovaina (en Bélxica) que traballan nunha técnica que permite capturar o movemento humano en tres dimensións (3D) coa única axuda de dúas videocámaras.
A finalidade deste desenvolvemento é, polo de agora, de índole científica. Ou sexa, que do que se trata é de afondar nos acenos do corpo, de avalialos polo miúdo mediante a súa representación en 3D no computador. Sen embargo, tal e como se pode supoñer, o seu potencial é alto en eidos como o dos videoxogos.
En boa medida, é ben probable que coa súa aplicación se avanzase un bo treito na arela de recrear o máis fielmente posible a xesticulación humana. Ou, tamén, en aquelas propostas de tipo interactivo nas que se xoga coas mans e con outras partes do corpo. Segundo informa a Plataforma SINC de novas científicas, o alicerce deste proxecto está no desenvolvemento duns algoritmos que abordan a cuestión do recoñecemento dos xestos da maneira menos invasiva posible, non sendo preciso vestir ningún tipo de traxe ou de captores especiais senón o uso dunha cámara e nada máis. Logo, coa axuda dela, rexístranse unha serie de imaxes que identifican o contorno da persoa varias ducias de veces por segundo.
A información que se obtén deste proceso é avaliada polo dito algoritmo co fin de localizar os “puntos cruciais”: a cabeza, os pés e as mans. Este algoritmo apóiase no concepto de tipo matemático de distancia xeodésica para enxergar cales son os puntos que están máis afastados do seu centro de gravidade percorrendo un camiño ó cen por cen concentrado dentro da súa silueta. Logo, procédese a etiquetar cada extremidade. Segundo engade SINC, o sistema non achega grandes complexidades e pode ser aplicado dende calquera computador persoal e cunha marxe de erro do 9% como máximo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?