Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As buscas van camiño de afianzarse como a primeira utilidade de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As buscas van camiño de afianzarse como a primeira utilidade de Internet

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/08/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

buscas_rede.jpgAgora que todos estabamos convencidos de que o porno e a procura de sexo era o principal motivo polo que os internautas se conectan, vén de novo un estudo que nos leva a contraria. Trátase dun informe achegado por Pew Internet Project no que se indica que as buscas en xeral de información (algo así como aplicar á Rede o mesmo que fixemos antes da súa chegada coas enciclopedias, as guías telefónicas e os manuais de calquera índole) son arestora unha das grandes utilidades de Internet, e medra a paso de xigante.
Máis polo miúdo sitúanse como as segundas do ranking, gañándolle cada vez máis terreo á primeira motivación: o emprego do correo electrónico, que é dende hai anos a aplicación máis popular. No informe, que reflicte indirectamente o medre imparable de Google (se medra o número de buscas, medra Google, tal é o nivel de identificación dunha cousa coa outra), tamén se dá conta do resto das grandes utilidades da Rede.
Son estas: procura de novas (39%), consulta do tempo (30%), practicar afeccións diversas (29%), navegar por lecer (28%) ou visitar unha rede social (13%). Por riba de todas estas aplicacións, como dixemos, érguese á da buscas, cun 49% das sesións na Rede levadas a cabo a cotío por usuarios de EE UU. Con todo, o correo electrónico segue a ser difícil de superar (aínda que se cadra por pouco tempo): abrangue os principais intereses na Internet do 60% dos redeiros habituais de aquel país. A cifra semella ben salientable, sobre todo se temos en conta o que medrou nos últimos tempos: un 15% dende 2002. Con todo, semella máis salientable aínda o que vén de medrar ao longo dos mesmos anos o uso da Internet para as buscas: un 69%.
As razóns deste incremento? A xuízo dos responsables do estudo está sobre todo na achega masiva de contido á Internet, contido que anima aos cidadáns a frecuentar máis as ferramentas de procura xenéricas ou específicas. Dicir que o medre das wikis, dos blogs e dos espazos de vídeos en liña teñen gran culpa disto non é andar desencamiñado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?