Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boy Elliot and the Plastic Bags, elixidos no A Polo Ghit para representarnos perante Europa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boy Elliot and the Plastic Bags, elixidos no A Polo Ghit para representarnos perante Europa

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

boy_elliott_pologhit.jpgA banda ferrolá Boy Elliott and the Plastic Bags, da que xa falamos nesta mesma web con motivo da presentación no servizo YouTube do videoclip do seu tema Planeta 19, volve estar de actualidade por motivos de novo vinculados á Rede e aos seus eventos. E faino grazas á súa concorrencia no concurso A Polo Ghit, o certame en liña dende o que cada ano se certifica a máis que sobrada disposición dos grupos galegos para poñernos ao alcance das nosas orellas cancións do verán feita á nosa medida.
Desta volta, os de Ferrolterra foron elixidos polo xurado do festival para representar a Galiza no eurofestival Liet-Lavlut de linguas minorizadas que se celebrará na cidade de Luleå o vindeiro 18 de outubro, na Laponia sueca.
Segundo se sinala estes días en Vieiros (web coorganizadora do evento xunto coa Radio Galega), o proceso de selección dos gañadores foi de todo agás doado, tendo en conta o nivel de participación acadado nesta convocatoria (cuantitativa e cualitativamente).
Aínda así tivo que haber un gañador e, finalmente, os membros do xurado (o crítico Tito Lesende, o decano do CPXG Xosé Manuel Pereiro, a presidenta do club de fans da Orquestra Panorama, Patricia Romero e o dillei Zarpaelamor, Ramón Domínguez), optaron pola canción que levaba por título Planeta 19. Por certo que, como dixemos, xa se pode ver na Rede o videoclip da canción, desenvolvido polo equipo de Gorevision TV: The Next Generation, a canle ferrolá de televisión en liña independente.
O grupo, que aposta por anovar o eido musical galego bebendo das fontes do power pop, está integrado por Plastic Gus (batería), Marcos Bag (baixo), Diego Pigmalion (guitarra) e o ferrolán ex – Blood Filloas, Boy Elliott (guitarra e voz).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?