Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Yahoo! pon o seu Chuza! a disposición de todos os internautas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Yahoo! pon o seu Chuza! a disposición de todos os internautas

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

yahoo_buzz2.jpgYahoo! leva xa meses bebendo das mesmas fontes que a rede galega Chuza!, que a portuguesa Diga Cultura ou que a francesa Fuzz. Ou sexa: que para poñer en marcha Yahoo Buzz, serviuse dos modelos que inspiraron a posta en marcha de todo de tipo de canles en liña de noticias onde son os propios usuarios os que deciden o que se publica e os que valoran o que se publica. Con todo, a proposta do buscador ten certas particularidades que a afastan doutras redes do mesmo pau. Para comezar (era máis ou menos previsible), a posibilidade de negocio concorre en igualdade de condicións que o compromiso por acadar unha información de calidade. Ou mellor incluso. A idea é, neste senso, competir con Digg, que segue a ser líder en EE UU.
Pero hai outra particularidade: o servizo de Yahoo! foi de menos a máis dende o punto de vista participativo. Segundo se sinala en Webware (blog especializado nos segredos da Internet), a gran novidade é que se amplía o número de usuarios que ata o de agora podía achegar información a esta listaxe de noticia.
E non semella unha ampliación calquera: pasa de abrirse a 400 editores a facelo con toda a comunidade internauta. Só se precisa un requisito para participar e fornecer á web de contidos: ser un usuario rexistrado. O portal, asemade, anuncia que as informacións que sexan obxecto de meirande atención por parte dos internautas serán tamén habilitados na páxina principal do buscador. Para acadar isto, as ligazóns da nova en cuestión terán que estar vinculadas aos temas máis procurados dentro do propio motor de busca de Yahoo!, amais de ter obtido a meirande cantidade de votos no Yahoo Buzz. Polo de agora, o servizo só está dispoñible en inglés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?