Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HP prepara o lanzamento de dous portátiles de pouco máis de un quilo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HP prepara o lanzamento de dous portátiles de pouco máis de un quilo

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/08/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hp.jpgPara moitas persoas que non están afeitas a manexar os aparellos da Sociedade da Información, un portátil é calquera cousa agás un portátil. Ou sexa, que só vemos carretables (fóra de toda dúbida) estes trebellos os que estamos dentro do eido dixital, en boa medida porque temos un referente previo: os equipos de sobremesa, que non hai que os mova. Leas aparte, semella que a industria vai paseniño quitándolle un gramo tras outro aos ordenadores teoricamente portátiles, ata o punto de que xa albiscamos no mercado diferentes series de computadores con pouco máis de un quilo de peso, o que xa entra dentro do razoable.
Primeiro foi Dell, a semana pasada coa súa serie Latitude, e desta volta é outro grande do sector, HP, que está a presentar xa os seus equipos especialmente dirixidos para persoas que, polos motivos que sexan, van de aquí para alá cos instrumentos de traballo. Entre a nova serie de portátiles lixeiros cómpre salientar dous modelos concretos: o EliteBook 2530p (que pesa 1,3 quilos e ten batería de longa duración) e EliteBook 2730p (con 1,5 quilos e cunha pantalla a xeito de táboa táctil na que se traballa cun lapis electrónico).
Segundo anuncia Baquia.com vía Reuters, os dous equipos veñen con todo o equipamento preciso para levar a cabo un traballo en mobilidade e non coller (en consecuencia, se media un disco duro) un problema serio na columna: amais do pouco peso, inclúen conexión para redes sen fíos 3G, deseño especial para todo tipo de circunstancias externas (incluídas caídas e golpes) e lector de tarxetas profesionais que pasan a texto calquera dato sobre papel ou cartón que se introduza por unha físgoa. Os equipos estarán á venda o vindeiro mes de setembro cuns prezos de 1.500 e 1.670 dólares, respectivamente. Os dous virán co sistema operativo Vista de Windows.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?