Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A industria dos videoxogos lánzalles un ultimato aos internautas británicos que compartan os seus produtos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A industria dos videoxogos lánzalles un ultimato aos internautas británicos que compartan os seus produtos

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/08/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Unha das novas propostas de Topware, o xogo X-Blades.
Unha das novas propostas de Topware, o xogo X-Blades.
Coa industria do videoxogo non se xoga. Isto, palabras máis palabras menos, resume o último movemento do sector no Reino Unido, un país que, entre outras cousas, está a pasar a historia por dar acubillo ao meirande e máis ruidoso número de amoestacións aos internautas por levar a cabo descargas non permitidas. En definitiva, que o mesmo que se puído dicir hai unhas semanas con Virgin a propósito da música, podémolo dicir agora de Atari, Topware Interactive, Reality Pump, Techland e Codemaster a conto dos videoxogos. Resumindo, este consorcio de grandes da industria está xa máis que farto do que considera unha agresión en toda regra: a circulación de produtos propios de seu protexidos con licenza en réxime de libre acceso grazas, entre outras cousas, ás redes P2P. En consecuencia, vén de pórse máis que firme cos usuarios destas redes e de xogos ilegais: enviarán unha carta de aviso a 25.000 persoas para pedirlles o pago de contado de 300 libras (preto de 400 euros) para evitaren dar cos seus ósos nos tribunais.
Segundo se conta en The Times e máis en El Mundo, a cousa está máis ou menos clara e, coloquialmente falando, o consorcio xa se quedou coa faciana dos usuarios díscolos. Estes, en caso de negarse a pasar polo aro deste acordo extraxudicial, serán posto a disposición dun bufete de avogados que, para que se entenda que saben o que teñen entre mans, xa conseguiu entre outras cousas que o Tribunal Superior lle dese unha orde para obrigar aos provedores de Internet a achegarlles os nomes e enderezos dos ditos 25.000. Polo de agora, xa teñen os datos de 5.000. A cifra, con todo, é só simbólica, xa que se calcula que o número de británicos que fai circular xogos libremente e de balde é un pouquiño meirande: de seis millóns de persoas. Polo de agora, a primeira en recibir na súa cabeza toda a carraxe amoreada do consorcio dos cinco grandes do sector foi a cidadá Isabella Barwinska, quen recibiu unha multa de 20.000 euros polo grave crime de descargar ilegalmente o xogo Dream Pinball 3D. Cómpre sinalar que a dita muller estaba desempregada cando recibiu a sanción e é nai de dous fillos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?