Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As redes P2P do mañá irán de veciño a veciño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As redes P2P do mañá irán de veciño a veciño

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/08/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Imaxe vista no sitio de johntrainor.
Imaxe vista no sitio de johntrainor.
As redes P2P seguen a ser fonte de polémica, pero nada hai que indique certamente que vaian desaparecer. Exemplo máis ou menos perfecto da necesidade que temos de compartir para uns, peche de negocio definitivo para outros, ultimamente están a ser obxecto (tamén) de certas meditacións sobre a feitura e fondo que terán no futuro. O que hoxe son basicamente portas abertas nos nosos computadores dende as que permitimos que xente de todo o mundo nos colla cousas a cambio de coller nós outras súas é ben probable que o día de mañá, de xeito paradoxal, achegue un círculo de contactos máis pechados. Máis polo miúdo, o círculo da veciñanza. Cousas da Rede: canto máis ampla se fai, máis tamén se afianzan os camiños que nos levan á finca de atrás e á rúa de en fronte.
Segundo veñen de sinalar investigadores da Universidade de Washington, o vieiro cara a veciñanza pola vía destes servizos será o xeito máis idóneo de reducir a conxestión da Rede cara a, precisamente, un bo uso das P2P.
Do que se tratará, para que a Internet non se colapse, de compartir coas persoas máis próxima en troques de con internautas dos currunchos máis afastados. Isto, que non ten por que ser mellor nin peor para a nosa calidade de vida (todo depende dos gustos musicais que teñan os nosos veciños, claro), si que semella que vai ser positivo para a Internet mesma, hoxe en día cada vez máis saturada por mor do tráfico ceibe de arquivos. Dito doutro xeito: segundo os devanditos investigadores, máis tarde ou máis cedo o uso de redes P2P pode converterse un problema serio para o tráfico de información. Máis que nada se temos en conta que os paquetes de datos viaxan longas distancias, de ata 1.600 quilómetros. Pola contra, as redes locais minimizarían estes percorridos a uns 250 quilómetros. Fronte aos problemas de hoxe, teremos polo tanto a tecnoloxía P4P, que implica que o intercambio local acade o 60% do total, fronte ao 6% de a día de hoxe. Resultado: a velocidade da rede aumentaría un 20% e sen perder rendibilidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?