Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés achega a rede de comunicacións do GP de Fórmula 1 que se celebra este domingo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés achega a rede de comunicacións do GP de Fórmula 1 que se celebra este domingo

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/08/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

valencia_circuito.jpgA empresa galega Televés, especializada en produtos e servizos de telecomunicacións, vén de anunciar en que vai consistir a súa concorrencia na retransmisión do Gran Premio de Europa Fórmula 1 de 2008, que se celebrará o vindeiro domingo 24 de agosto en Valencia. Segundo apunta a firma de Santiago nun comunicado, a súa participación céntrase sobre todo en achegar a cobertura máis idónea. Máis polo miúdo, na instalación da rede de comunicacións que fará posible a difusión dos datos que se xeren no evento, equipando o circuíto de Valencia con máis de dez quilómetros de cable e cinco de fibra óptica. A xuízo da empresa, a instalación da infraestrutura xeral de comunicación (cable, fibra, emisores, receptores, todas as tomas intermedias, etc) desenvolveuse “nun tempo récord”.
A rede, que deixa marxe para 800 puntos diversos de tomas de televisión con alcance e cobertura ata os boxes dos pilotos participantes e as dúas salas de prensa habilitadas, posibilitará o envío de imaxes, son e información electrónica da carreira a través dun sistema “polo que poderá circular todo o que entra nunha rede de fibra óptica e con gran capacidade”, engade Televés.
A competición, na que concorrerán firmas como Renault, McLaren, Ferrari, Toyota, Red Bull ou Honda, supón a estrea da compañía galega no eido das retransmisións de Fórmula 1, feito que supón en certa medida un antes e un despois na súa traxectoria de 50 anos no ámbito das telecomunicacións. Os traballos despregados en Valencia, que proveñen dun encargo da compañía Elecnor (especializada na promoción e xestión de proxectos e no deseño de infraestruturas), teñen pois unha importancia estratéxica para calquera empresa que alí participe. De feito, a competición deste domingo en Valencia supón o afianzamento do que sería o segundo trazado urbano da historia para un evento destas características, logo do xa lendario de Montecarlo. Segundo apunta Televés, o acontecemento aínda ten máis importancia se temos en conta que o da cidade levantina é o quinto escenario (logo de Brands Hatch, Donington Park, Jeréz e Nurburgring) que acolle o GP de Europa dende 1983, ano no que se comezou a disputar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?