Adobe deu a coñecer detalles sobre o Photoshop Elements 7 e o Premiere Elements 7 que achegan respectivamente a edición de fotografías e vídeo ao público en xeral, e que sairán á venda en outubro xunto coa subscrición de 1 ano á web Photoshop.com (onde se conta con 20 Gb de almacenamento).
O Photoshop Elements 7 incorpora novas ferramentas nesta revisión, para favorecer unha edición fotográfica rápida e doada, coma o Quick Fix (que soluciona problemas comúns en fotografías) ou os Smart Burshes (que fan múltiples axustes nun único paso).

Este pequeno Premiere tamén inclúe opcións de croma con Videomerge e permite exportar as creacións a distintos soportes coma Blu-ray, DVD, teléfonos móbiles ou YouTube.
Adobe renova as versións domésticas de Photoshop e Premiere
Compartir Este Artigo

