A beta 2 do Internet Explorer 8 xa se pode descargar nas súas versións en inglés, alemán, xaponés e chinés simplificado, de xeito que os desenvolvedores de páxinas web e curiosos poden achegarse ao que será o futuro navegador web de Microsoft, que incorpora numerosas innovacións.
Un dos detalles máis importantes que incorpora o novo navegador é un mellor soporte de estándares (o que fai máis doada a realización de webs que funcionen axeitadamente) pero os usuarios verán outras características interesantes coma o InPrivate Browsing, que é un modo de navegación no que se desactiva o historial do programas e que dende Microsoft aseguran que é para evitar que algún usuario dun equipo compartido descubra accidentalmente detalles confidenciais (coma que se lle mercou un agasallo sorpresa) aínda que nos blogs se lle alcuma a esta función coma modo porno, pois permite que a navegación por webs para adultos non quede rexistrada (o que respecta a intimidade dos usuarios á vez que protexe aos menores que poidan atopar accidentalmente webs eróticas con só teclear un par de letras na barra de enderezos do Internet Explorer).

Microsoft lanza a 2ª versión de proba do Internet Explorer 8
Compartir Este Artigo

