A firma galega Bodegas Terras Gauda vén de achegar novidades sobre a sétima edición do seu premio de creatividade e deseño gráfico encamiñado a atopar entre a comunidade internauta de todo o mundo a proposta artística máis axeitada para os seus vindeiros cartaces publicitarios. As novidades teñen que ver coa contía dos premios (que duplican aos da anterior convocatoria situándose nos 14.000 euros desta nova edición) e na mobilización de deseñadores (que parte dos 54.000 artistas convocados en 2007 aos 60.000 deste ano en curso, procedentes de 178 países de todo o planeta).
O Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que mantén aberto o prazo para presentar obras ata o 30 de setembro, reserva unha serie de recoñecementos para o gañador que cómpre ser tidos en conta: 10.000 euros de premio en metálico e o mantemento durante un ano do cartaz presentado como imaxe oficial de Terras Gauda nas súas actividades comerciais e publicitarias no mercado mundial. Asemade, indicar que se destinarán os 4.000 euros restantes a premiar dous traballos máis (dous accésit).
O certame ten, polo tanto, un espírito claramente internacional: na convocatoria do ano pasado, máis de 1.300 carteis asinados por artistas gráficos de países como Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea del Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, Principado de Andorra, Porto Rico, Sudáfrica e Suecia.
Terras Gauda incrementa a contía dos seus premios internacionais de deseño gráfico
Compartir Este Artigo

