Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG presentará en Santiago un software para axudar ás empresas a ser máis eficaces coa enerxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG presentará en Santiago un software para axudar ás empresas a ser máis eficaces coa enerxía

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proxecto_gener.jpgFacer un emprego máis eficaz da enerxía nas empresas xa non é só un método de primeira orde de aforrar custos e tirar maior rendemento dos recursos, senón tamén unha obriga de tipo moral para as mesmas. A fin de contas, o consumo enerxético sen control no eido corporativo segue a ser unha das grandes causas diso que a todos nos afecta: o cambio climático. Precisamente de axudar ás compañías a saber mellor onde poñen o pé no que se refire á redución do consumo de electricidade e recursos é do que trata o software que o Instituto Tecnolóxico de Galicia presenta o vindeiros martes en Santiago, máis polo miúdo na sede que FEUGA ten no Campus Sur. A ferramenta, que será dada a coñecer no marco do acto de clausura do Proxecto Gener (A eficiencia enerxética nas empresas), foi desenvolvida sobre tecnoloxía web e software libre de xeito íntegro polo ITG, centro galego con sede na Coruña e especializado neste tipo de instrumentos informáticos de axuda para as compañías.
O encargado de presentar os segredos e vantaxes do devandito Software de Autodiagnóstico Enerxético para empresas será Santiago Rodríguez Charlón, xusto despois da intervención de Luis María López González, da Universidade da Rioxa. Polo que respecta ao resto da xornada do día 9, lembrar que xirará toda ela arredor da busca de novos vieiros para tirarlle mellor partido aos recursos cos que conta unha firma a día de hoxe. A xuntanza de presentación do Proxecto Gener (plan impulsado por nove entes e institucións de Galicia e o Norte de Portugal co gallo de impulsar nas pemes modelos de xestión eficaces no que respecta á enerxía) dará comezo ás 10 horas. O acto contará –entre outros- cos seguintes persoeiros do sector público e empresarial galego:
· Fernando Xabier Blanco Álvarez, conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
· Jose Manuel Fernández Alvariño, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra CEP.
· Francisco Rodríguez García, presidente de la Confederación de Empresarios de Ourense CEO.
· Juan José Álvarez Carril, Director do Instituto Enerxético de Galicia INEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?