Segundo advirte estes días Reuters, se cadra forzando un pouco a máquina de prognósticos (polo que a seguinte información teríamos que vela como a distancia), Apple ten unha serie de sorpresas para o futuro que, lonxe de repercutir no peto do usuario, irían encamiñadas a tratalo mellor. O caso é que entre as medidas que se barallan inclúese unha moderadamente posible redución dos prezos nalgúns dos seus produtos, iniciativa que poderemos recibir de moi diversos xeitos, pero dificilmente poñendo unha queixa.
O caso é que, polo que parece, os novos movementos de ficha van ser presentados no marco do evento Let´s Rock, unha xuntanza cos medios de comunicación e cos seareiros en xeral programada para o 9 de setembro en Londres.
Polo de agora, e cos escasos datos que se teñen sobre a natureza real do encontro, só se sabe a ciencia certa que Apple aproveitará o evento para presentar os novos reprodutores dixitais iPod e o catálogo en xeral dos seus produtos para o vindeiro ano.
Con todo, e volvendo ao comezo da nova, hai algún que outro analista que prognostica un anuncio de baixada de custos nos trebellos da casa. A nova, como dixemos, hai que collela con pinzas, xa que a casa Apple aínda non corroborou este detalle.
Analistas prognostican rebaixas nalgúns produtos de Apple
Compartir Este Artigo

