Cumprindo coas expectativas, Dell lanzou hoxe o seu Inspiron Mini 9, o primeiro ultraportátil de baixo custo da compañía, aínda que por desgraza aínda non se vende en España. O equipo ten as característica típicas neste tipo de equipos (pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador Intel Atom a 1,6 GHz, SSD de entre 4 e 8 Gb, Wi-Fi e opcións de webcam e Bluetooth) e permite adquirirse con Windows XP ou cunha versión de Ubuntu a 399 e 349 dólares respectivamente (agardándose que en España custe 369 euros a versión con XP).
Estariamos así ante un dos ultraportátiles máis económicos e completos do mercado, aínda que Dell parece querer aproveitar o atractivo destes equipos para potenciar a venda doutros ordenadores, e lanzan nos EE.UU. unha oferta realmente impresionante, pois os consumidores que se fagan cun Studio 15, XPS M1530 ou XPS M1330 ata 9 de setembro poderán adquirir un Mini 9 por só 99 dólares.
Sobre a conectividade do pequeno equipo, agárdase a comercialización dunha versión con 3G integrado por parte de Vodafone, aínda que non se coñecen os detalles os detalles referidos ao prezo nin aos países nos que a operadora británica achegará estes ultraportátiles.
Dell presenta oficialmente o seu ultraportátil de baixo custo
Compartir Este Artigo
