Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BitTorrent, vítima dunha vaga de spam con feitura de carta de advertencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BitTorrent, vítima dunha vaga de spam con feitura de carta de advertencia

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bittorrent.jpgO correo lixo ou spam nunca durme. De poder (e pode) procurará sempre novos xeitos de chamar á nosa porta. E non vale que nos relaxemos ollando para o ben que funciona o noso novo filtro. Máis tarde ou máis cedo, abrirase camiño e aparecerá na caixa de correo principal, enriquecéndoa con gratificantes convites a alongar determinadas partes do corpo humano ou a renovar certos datos bancarios. Segundo sinalou os días pasados Torrentfreak.com, as redes P2P e máis concretamente o servizo BitTorrent están sendo unha especie de novo paraíso para os responsables destes envíos non requiridos, en boa medida apoiándose no seguinte: en cuestións de envíos non solicitados, nada mellor que unha porta aberta. É niso consisten o BitTorrent, entre outras canles P2P, nunha porta que se mantén aberta en todos os equipos usuarios.
O caso é que o correo que máis está a proliferar na dita rede vén supostamente de MediaDefender, a firma que leva a cabo as manobras das entidades de protección de dereitos de autor contra os P2P.
En realidade, non é tal cousa. Trátase só dunha especie de brincadeira (que advirte ao usuario dunha serie de medidas a levar a cabo se persiste no uso das redes) que remata en algo máis. De feito, adxunto á mensaxe vai o miolo da cuestión: un troiano que se nos mete no computador e pasa a actuar logo pola súa conta convertendo o computador infectado nunha nova fonte de envíos lixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?