
Nos comezos do buscador só contaba con 60 millóns de páxinas rexistradas, respondía 10.000 consultas diarias e contaba con só 3 traballadores, pero nun par de anos xa se fan realmente importantes, e xa estrean a súa revolucionaria plataforma publicitaria baseada en texto (AdWords) o que era ir contra a corrente do mercado, pero resultou ser todo un acerto (e que en 2003 se trasladou a webs de terceiros mediante AdSense).
En todos estes anos estrearon moitos servizos como a rede social Orkut, o correo electrónico Gmail, o servizo de novas Google News, unha solución de calendario, unha ferramenta de creación e edición de documentos de texto e follas de cálculo, un administrador de álbums fotográficos, un servizo de mapas (con versión web e de escritorio) e moitas outras cousas que nunhas ocasións se desenvolveron dende dentro e noutros casos naceron da adquisición doutra empresa, da que souberon absorber os desenvolvementos e facelos seus respectando a idea de simplicidade que impera en Google dende o comezo.
Nos últimos meses Google continúa a innovar, e así está a entrar no sector dos navegadores web, no que podería ser a súa consolidación nos escritorios, onde os seus servizos se poden comportar como aplicacións, de xeito que a empresa xa é moito máis que un buscador de Internet, e xa é a 4ª empresa tecnolóxica dos EE.UU. (só detrás de Microsoft, IBM e Apple).
Google cumpre 10 anos liderando as buscas na Internet
Compartir Este Artigo
