Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolleu a presentación dun libro que reivindica as TIC como axentes de igualdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acolleu a presentación dun libro que reivindica as TIC como axentes de igualdade

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mupega_libro_tic.jpgDe entre todas as utilidades que se lle poden achacar á Rede, sen lugar a dúbidas o seu potencial como instrumento para a mellora de calidade de vida das persoas con risco de exclusión social é un dos que máis está dando que falar. Sobre todo, porque as redes precisan que as orienten, non se gobernan soas, e de mediar persoas, institucións ou empresas especialmente interesadas nos seus petos, a Sociedade da Información pode converterse no contrario que se procuraba: nun factor de exclusión. Dito doutro xeito: nin todos temos porqué vestir igual e pensar o mesmo, nin o rato e o teclado teñen porqué ser a única vía de manexo. Precisamente de fomentar a diversidade mediante as novas tecnoloxías é do que trata o libro presentado o venres pasado no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago: Las TIC para la igualdad.
A obra, que foi dada a coñecer no marco do Congreso Edutec polos tres profesores universitarios responsables da súa autoría (Julio Cabero, Margarita Córdoba e José María Fernández), consiste basicamente nunha análise polo miúdo das posibilidades das novas tecnoloxías accesibles arestora para o proceso educativo con persoas con diversidade funcional.
Ou sexa, que o que se pretende con este traballo é abrir novos vieiros de axuda para estes colectivos e, en última instancia, incrementar a súa calidade de vida mellorando a autonomía e o desenvolvemento propios de seu.
A xuízo dos autores, as novas tecnoloxías non só facilitan a integración das persoas con algún tipo de discapacidade senón que contribúen a ceibalas das que ata o de agora viñan dependendo.
O libro, que vai dirixido sobre todo a mestres, investigadores e expertos en educación especial, foi publicado pola Editorial MAD Eduforma, un selo editorial de máis de 25 anos de experiencia no sector da psicoloxía e a formación. Por certo que durante o transcurso do acto, os autores do volume aproveitaron a ocasión para facer un chamamento ben concreto aos docentes galegos ou que traballan en Galiza. Ao seu xuízo, é preciso que entendan e asuman un novo papel a desenvolver: amais de mestres, agora tamén deben ser dinamizadores das novas tecnoloxías, ferramentas que non só son beneficiosas para as persoas con diversidade funcional, senón tamén para os alumnos que presenten algún tipo de conduta problemática. “Un emprego axeitado das tecnoloxías espertará a motivación e o interese dos nenos e nenas, ademais de fomentar o seu desenvolvemento mental”, sinalaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?