Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC e Tecnocom traballarán ombro con ombro para afianzar as TIC nos campus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC e Tecnocom traballarán ombro con ombro para afianzar as TIC nos campus

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_tecnocom.jpgA Universidade de Santiago de Compostela e a empresa Tecnocom (con ampla representación en Galiza a través da antiga Softgal) veñen de asinar un acordo para levar a cabo unha serie de actividades vinculadas a dous eidos ben concretos: o eido educativo e o eido do pulo das novas tecnoloxías da información. A idea, amais de reforzalos por separado, é incrementar as canles que os intercomunican. Máis polo miúdo, a cooperación consistirá en actividades que fomenten o uso das TIC e do deseño de novos proxectos e ferramentas por parte dos propios universitarios. Así, Tecnocom comprometeuse a colaborar coa Aula Profesional da Escola Técnica Superior de Enxeñaría impartindo formación, sen descartarse a posibilidade de abrir un novo espazo máis específico: a Aula Tecnocom.
O convenio, formalizado oficialmente esta mañá no Colexio de San Xerome, serviu entre outras cousas para asentar o alicerce do Premio ao mellor proxecto fin de carreira de Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas, dotado con 1.500 euros. Asemade, tamén se tirou proveito do encontro para dar a coñecer o paquete de bolsas de formación profesional para licenciados da USC que a institución educativa achegará conxuntamente con Tecnocom.
Con este convenio, sinalaron ámbalas dúas partes, procúrase subir un novo chanzo no afianzamento das novas tecnoloxías na sociedade en xeral a través dun paso previo ben concreto: o afianzamento destas ferramentas no proceso educativo en toda súa integridade e afectando a todos os seus axentes. Asemade, búscase mellorar a formación mesma subministrada pola USC e, a maiores, satisfacer en mellor medida as demandas profesionais das empresas nas que traballarán, o día de mañá, os estudantes de hoxe.
Volvendo ao acto mesmo de sinatura celebrado este luns, dicir que participaron nel (entre ouros) o reitor da USC, Senén Barro, e máis o director rexional para a zona noroeste da empresa Tecnocom, Santiago Cárdenas Botas. Ademais, fixeron acto de presenza en San Xerome o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Juan Manuel Lema, e outros responsables do centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?