Os ciclistas poderán en breve circular tranquilos mentres escoitan música ou responden a chamadas de móbil sen empregar auriculares grazas a un altofalante sen fíos de CY-FI de pouco máis de 100 gramos que se pode montar no guiador da bicicleta e que se comunica con móbiles, reprodutores multimedia ou outros trebellos que se comuniquen por Bluetooth e dende o que incluso se pode manexar o volume ou cambiar de canción (se o utilizamos para escoitar música).
Este altofalante Bluetooth ten unha autonomía dunha 5,5 horas e sairá á venda o 22 de setembro ao prezo de 179,95 dólares.
Altofalante Bluetooth para bicicletas
Compartir Este Artigo

