Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adebate.net fai un chamamento aos internautas para participar nos procesos electorais pola vía da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adebate.net fai un chamamento aos internautas para participar nos procesos electorais pola vía da Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/09/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adebate.jpgAgora que practicamente estamos en precampaña electoral para os comicios autonómicos e tamén estatais (non de maneira oficial con mitins e bandeiriñas, pero si con certas iniciativas dos grupos políticos encamiñadas a relembrarnos que existen), propostas en liña como Adebate.net cobran especial importancia. En primeiro lugar porque non fai balbordo. En segundo lugar porque, malia estar en desenvolvemento, trátase dun novo xeito de participación política e, sobre todo cidadá, tirándolle partido ás posibilidades do movemento 2.0, o de “faino ti mesmo na Rede”. Este servizo cen por cen galego, do que xa falamos hai uns meses en Código Cero, vén a ser como un espazo tradicional para o debate político, pero coas engadiduras da Rede participativa.
Amais, conta coa vantaxe de perpetuarse no tempo e de estar aberto a actualizacións constantes, a diferenza dos programas de televisión que se habilitan con semellantes fins e que logo fican no esquecemento. A idea, segundo informa Miguel A. Quinteiro de Intergal (responsable do espazo web), é axudarnos a lembrar o contido a importancia dos debates políticos. Con este fin, vén de facer un chamamento aos usuarios de Internet galegos e de alén de Galiza para achegar o seu gran de area a este proxecto, ben sexa incluíndo novas cuestións para os políticos (arestora hai 140) ben sexa enviando propostas.
Como dixemos, a web aínda está en desenvolvemento (admítense propostas e suxestións), pero o alicerce semella firme. Neste intre, a páxina web coa participación de máis de 100 usuarios, unha boa parte deles coa súa base de operacións en Galiza, aínda que tamén os hai de Euskadi, Madrid ou Navarra. Agora que o alicerce da proposta é firme, o obxectivo dos responsables da iniciativa é procurar meirande participación. De aí que o seu seguinte paso sexa animar á comunidade internauta galega e española a entrar de cheo nun debate que lles toca ben de preto e lles serve, a fin de contas, como ferramenta de primeira orde para avaliar a catadura dos políticos en campaña, que sen dúbida non perderían ren en aceptación (se cadra todo o contrario) se unha das súas medidas a seguir fose levar a cabo algo tan sinxelo e decisivo como contestar preguntas da cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?