Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O eido dos videoxogos faise forte na adversidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O eido dos videoxogos faise forte na adversidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gaming.jpgSe hai algún sector que fique chantado no medio da crise xeralizada coma un penedo no temporal é o sector dos videoxogos. Case se podería dicir que nin se despeitea, do ben asentada que está a súa posibilidade de medre. Causas disto hai moitas, pero se cadra todo ten que ver co feito de que moito do que xa ofrecen as novas tecnoloxías e o lecer dixital en xeral son unha boa alternativa ao gasto en combustible para o transporte. Isto acontece no eido do traballo (onde se dán cada vez máis casos de labores a distancia, vía a Rede) e tamén no do lecer mesmo (as consolas contribúen á evasión e tamén á caída no número de desprazamentos por motivos extralaborais). Leas aparte, semella que hai datos concretos sobre o tema. Segundo apunta a Asociación Española de Distribuidores e Editories de Software de Entretemento (Adese), o eido dos videoxogos seguirá a medrar en 2009 cun incremento nas vendas do 15% na primeira metade do ano.
Estes datos, que segundo apunta Elpais.com non son definitivos, foron dados a coñecer na presentación do anuario de 2007 feito por Adese, traballo especialmente positivo e prometedor para a industria tendo en conta o que desvela: o negocio movido polo sector foi de 1.450 millóns de euros, o que significa un medre do 50% en comparación co ano anterior.
Asemade, entre os prognósticos da organización atópase un dato salientable abondo para as empresas que operan en España ou estean a piques de facelo: o crecemento no estado vai ser meirande ca no resto dos países (de feito, España é o cuarto mercado da UE no que se refire a consumo deste tipo de produtos). Neste estado de cousas, non é de estrañar (como sinala Adese) que a riqueza xerada polos videoxogos sexa xa superior á da música ou á dos DVDs.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?