Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Librofilia.com: nova rede social para apaixonados da lectura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Librofilia.com: nova rede social para apaixonados da lectura

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

librofilia.jpgMoitas veces se teñen queixado os seareiros dos libros en xeral de que teñen pouca xente ao seu alcance a quen romperlle a cachola coas súas recomendacións e coas súas críticas. A Rede, en certa maneira, e máis concretamente a Rede 2.0 (o novo chanzo participativo que está xa a solaparse co seguinte paso a dar, o 3.0, o semántico) estalles a botar unha man, tanto a eles coma a todos e todas os que teñan calquera tipo de hobby e estean a devecer por compartir experiencias. A idea dos novos espazos web que están a abrollar arredor das artes, e neste caso concreto da literatura, é ir alén de achegar un simple taboleiro ou punto de encontro.
O que se pretende acadar é unha rede social en toda regra, e por aí vai precisamente Librofilia.com, unha web que se está dando a coñecer e que inclúe serias posibilidades de crear comunidade e, todo iso, achegándolle aos lectores internautas unha base de datos de libros que arestora anda a rentes do medio millón de volumes.
Esta escolma de obras, que parte dos alicerces subministrados polo catálogo que ten o Ministerio de Cultura de obras publicadas en español, está suxeita (como boa rede social en liña que é) ás incorporacións que desexen facer os usuarios do servizo en cuestión. Librofilia.com, que comparte un pouco o espírito de Filmaffinity (web na que se substituíu a figura do crítico único facilitando unha soa crítica por película pola dunha comunidade de seareiros do cine subministrando cualificacións que logo se converten en promedios), leva só un mes en aberto, pero xa conseguiu deixar atrás a cifra do milleiro de usuarios rexistrados. Na páxina web, como se pode supoñer, non só é posible levar a cabo votacións ou propostas de libro para que os demais acheguen os seus propios puntos de vista, senón tamén deixar notas persoais nos libros, participar en foros ou entrar en contacto con persoas cos mesmos gustos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?