Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: YouTube dálle azos ao potencial xornalístico dos seus usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

YouTube dálle azos ao potencial xornalístico dos seus usuarios

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

youtube_proxecto_reportaxe.jpgEntre as moitas webs que poden hoxe en día apostar polo xornalismo cidadán, YouTube teno especialmente doado. De feito, case se podería dicir que non lle queda outra vía que levalo a cabo, tendo en conta a gran cantidade de usuarios cos que conta no mundo e facendo por ela unha boa parte do seu traballo (aínda que agora din que se vai remunerar parte dese labor de subministro de vídeos). O caso é que segundo están a informar medios como Elpais.com, o movemento de YouTube a prol da comunicación popular vén de consumarse, e todo apunta a que se trata do comezo dunha longa serie de accións neste senso. A primeira pedra non é outra que o concurso Proxecto: Reportaxe, un certame organizado ombro con ombro co Pulitzer Center on Crisis Reporting e coa participación de Sony e Intel.
O obxectivo da proposta, como dixemos, é tirar partido do gran potencial xornalístico dunha boa parte dos usuarios do servizo en liña de vídeos. Máis concretamente animándoos a converterse en reporteiros do mundo e a producir vídeos curtos sobre información que decote non aparece reflectida polos grandes medios.
O proxecto, que vén dotado cun premio final de 7.000 euros, vaise desenvolver en tres etapas: unha primeira dedicada á selección de vídeos por parte de Pulitzer, unha segunda na que esas obras serán sometidas a votacións na propia web de YouTube e unha terceira na que os cinco finalistas resultantes sexan de novo obxecto de valoración por parte da comunidade internauta. O gañador recibirá a devandita cifra de cartos e máis a posibilidade de traballar co dito centro Pulitzer co obxectivo de poñer en imaxes unha cuestión salientable e actual que afecte á meirande cantidade de países. Por certo que onte mesmo abriu o prazo para a presentación de traballos, que ficará operativo ata o vindeiro 6 de outubro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026
Actualidade

Rueda reclama tolerancia cero fronte á violencia machista tamén no ámbito dixital

25/11/2026
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta o seu modelo de IA nun congreso internacional en Madrid

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?