Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple estuda incluír tecnoloxía DRM na roupa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple estuda incluír tecnoloxía DRM na roupa

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apple_nike.jpgSe hai unhas siglas que provoquen malestar entre unha boa parte dos seareiros da música de todo o mundo, e máis concretamente da dixital, son sen lugar a dúbidas as seguintes: DRM. Falamos deses sistemas habilitados por certas empresas do sector do lecer tecnolóxico e que son coma unha blindaxe de cara a empregos dos seus produtos que elas non dubidan en cualificar de “inaxeitados”. Por exemplo: escoitar as cancións baixadas por unha determinada canle en reprodutores alleos a esa canle. O curioso é que nos últimos tempos non se albisca por parte da industria unha estratexia común máis moderada en canto a estas prácticas, senón unha marcha cara aos extremos.
Por exemplo, mentres Universal anuncia que vai suprimir o DRM, os creadores do xogo Spore poñen estes sistemas ata na sopa, e o mesmo podemos dicir da firma Apple, que segundo nos conta New Cientist a través de Barrapunto, anda a solicitar unha patente para espallar o DRM en cuestión ás zapatillas de deporte e outras prendas.
Polo que parece, o que pretende evitar a multinacional norteamericana é que os usuarios dos seus produtos e da combinación dos seus produtos (reprodutores iPod) con certas vestimentas (por exemplo calzado da casa Nike) lles dean máis vida a estes artigos alén da que as empresas responsables consideren idóneo. En certa maneira, para estas é importante dar unha boa imaxe cara aos clientes, e a cuestión non ten porqué chegar ao extremo de ver os reprodutores instalados nunhas pantuflas de cadros axeitadas para o fogar ou nas clásicas zapatillas de imitación (marca Like, por exemplo). En definitiva, que Apple non desexa ver os seus aparellos acompañando a marcas non autorizadas, de aí que o DRM vaia orientado a inutilizalas unha vez que a vida das zapatillas legais non dea para máis. Asemade, segundo conta New Cientist, semella que a iniciativa vai ser espallada ao eido das camisas, as garabatas, pantalóns e demais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026
Actualidade

Rueda reclama tolerancia cero fronte á violencia machista tamén no ámbito dixital

25/11/2026
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta o seu modelo de IA nun congreso internacional en Madrid

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?