Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MySpace ofrecerá música de libre escoita
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MySpace ofrecerá música de libre escoita

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/09/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

myspace-music.jpgComa toda rede social que, amais de servizo para comunidade en liña, tamén é negocio, MySpace anda a procurar camiños para espallarse. Camiños para facelo semella haber moitos, pero o elixido nos últimos tempos é sen lugar a dúbidas un dos máis duros e, sobre todo, un dos máis convulsos. Falamos do da música dixital, eido no que MySpace semella irromper con máis vontade de facer amigos que de perdelos, tanto pola parte da industria como dos internautas en xeral. Para comezar, segundo informan medios como Vnunet facéndose eco de informacións de Reuters, a nova estratexia de MySpace parte do seguinte alicerce: haberá música de libre escoita. Isto vai ser posible grazas ó acordo asinado entre a devandita rede social e catro empresas que actuarán de patrocinadores da proposta en liña: McDonald’s, Sony Pictures, Toyota e State Farm.
Por certo que os temas musicais que se poderán escoitar de xeito aberto e en streaming pertencen a tres grandes da industria: Sony BMG, Universal e Warner Music.
A iniciativa de MySpace, ademais desta oferta, completarase cun servizo que parece encamiñado directamente a competir co iTunes de Apple, tenda musical en liña que ata o de agora fica invicto no seu eido. Pois ben: a idea da dita rede social e máis concretamente do proxecto MySpace Music é poñer o catálogo dos devanditos selos para descarga, ben sexa de pago ou (a través dun sistema de achega de publicidade) de balde. Por certo que MySpace Music, que estará en breve dispoñible, contará con Amazon en labores de promoción.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026
Actualidade

Rueda reclama tolerancia cero fronte á violencia machista tamén no ámbito dixital

25/11/2026
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta o seu modelo de IA nun congreso internacional en Madrid

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?