O servizo de xogo en liña Xbox LIVE pechará o vindeiro luns durante 24 horas para labores de mantemento segundo explicou Major Nelson no seu blog, pois van preparar os servidores do sistema para a nova experiencia Xbox que chegará no outono coa renovación do Dashboard da Xbox 360.
Nelson insiste en que tralo corte do servizo (do que se poderá obter información pormenorizada a través de Twitter) non chegará a agardada actualización, senón que haberá que agardar algo máis para o seu lanzamento (que será antes do Nadal).
Microsoft tamén comeza unha campaña publicitaria para preparar o terreo para a actualización da Xbox 360, que xunto coa súa recente baixada de prezo vai supor toda unha revolución no sector das consolas de videoxogos domésticas. Aparte de nos EE.UU., a campaña Live your Moment tamén se poderá ver en programas de máxima audiencia de canles de televisión de Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia e España.
Ata o momento xa podemos ver unha das primeiras pezas da campañas promocional:
Live Your Moment
Xbox LIVE terá unha parada por mantemento
Compartir Este Artigo
