A tenda de Apple en Hong Kong acaba de incorporar un produto que sorprende a medio mundo, posto que vende directamente o iPhone 3G libre, de xeito que se pode empregar coa tarxeta SIM actual do comprador, vendéndose os modelos de 8 e 16 Gb a 5.500 e 6.200 dólares hongkoneses respectivamente (uns 486 e 558 euros).
En Hong Kong xa se vendía o iPhone asociado a un contrato, e sería o primeiro lugar do mundo no que se vende o terminal totalmente libre directamente dende unha tenda de Apple, aínda que non aceptarán pedidos dende fóra de Hong Kong.
Lembremos que os contratos mensuais que hai que asociar aos iPhone incrementan esaxeradamente os seus custos de posesión, de xeito que durante 2 anos supoñen un gasto mínimo de entre 2.366 e 3.202 euros, polo que a súa adquisición coma terminais libres pode resultar moi atractiva para usuarios cun reducido consumo telefónico mensual.
O iPhone 3G xa se pode mercar libre en Hong Kong
Compartir Este Artigo
